Información Extra
Non coñecían outro oficio que o de roubar. Oculta, a máis vella, escondía todo o roubado e vivía coma unha miserenta; Lucía, a mediana, cos seus ladroízos vivía coma unha artista de cine; Xusta, a máis nova, só se apropiaba do necesario para vivir. Mais as tres tiñan unha obsesión.Divertida historia na que o humor e a ironía teñen un especial protagonismo á hora de facernos comprender que nin o ouro nin as xoias luxosas serven para aplacar os delirios de grandeza. Só o afecto e a tenrura fan brillar de verdade os corazóns.