Información Extra
... o río, enfadado, crebou en dous, formando dúas linguas de auga que se separaron xusto á entrada dos dous pobos guerreiros. Os rápidos desapareceron. Termodonte non estaba disposto a perder o amor que atopara. Foran demasiados os anos de soidade, de frío e de abandono. Así que se decidiu e tragou as cabanas dunha e outra orela e asolagounas debaixo da súa canle, agás dúas que permaneceron unidas xa para sempre, rodeadas polas súas augas, agora mansas e sosegadas. O que nun principio as separara, o río, era o que as uniría eternamente.