Información Extra
Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, foron escritos todos eles por Enric Lluch. Os protagonistas son criaturas ou monstros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o esqueleto, o monstro do armario e o home lobo. A intención da colección, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos. Ao final de cada conto, o lector atopa, ao xeito dunha clásica enciclopedia visual, unha divertida descrición do monstro en cuestión. Os dez títulos, que se presentan individualmente, tamén aparecen reunidos nun curioso baúl contedor de cartón ilustrado a toda cor. O oficio de home do saco xa non é o que era. Nin o aspecto desaliñado nin a cara de malo son suficientes para asustar os nenos revoltosos de máis. E por riba están demasiado fracuchos para comelos!