Información Extra
Había tempo que Galo Pinto quería engaiolar a Xiana, e a vaca Gallarda fixo de casamenteira. O curral estaba revolucionado: as pitas poñían ovos para facer unha torta, os porcos cortaban flores, un coro de ovellas ensaiaba cancións para a cerimonia… Unha voda case sempre é motivo de ledicia, por iso todos na granxa estaban contentos, todos menos a Raposa da Matogueira, que non podía toleralo. O galo críase superior; a súa única pretensión era obter agasallos e ter ao seu servizo unha criada para resolver as súas necesidades… A raposa non deixaba de pensar niso: como podía casar “a súa nena de prata” cun galo tan fachendoso e interesado?. Juan Alfonso Belmontes convídanos a reflexionar sobre valores e sentimentos, tecendo unha emocionante e singular historia de amor; un triángulo no que non faltan penas, ciumes, enganos, cobiza, enredos…